Dende Ledicia para quen queira «escoitar» en Burela

Directiva da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia CARTA ABERTA: AS PROCESIÓNS

A MARIÑA

30 may 2016 . Actualizado a las 17:34 h.

n ano máis Burela está de festa e polo tanto, de procesión? Novamente a comisión de festas confía na S.C. R. Ledicia para a organización das procesións, feito que representa para nós unha honra, pero tamén unha inmensa responsabilidade, especialmente o sábado, día en que se procesiona dende a igrexa parroquial ate o porto, e no que a asistencia de público é mais numerosa.

Non podemos decir que Ledicia sempre organizou as procesións, pero sí que dende que Ledicia existe sempre participou como acompañamento musical a través do grupo de música tradicional, e como ?escolta? das imaxes que representan a San Xoan e á Virxe do Carme os integrantes do grupo de baile.

Cremos profundamente que cada persoa que participa das procesións ten o seu motivo para facelo. Dende a organización ?e co consello do párroco- tratamos de establecer unha estrutura formal para que se leven a cabo coa maior tranquilidade posible, tanto para os participantes directos como para o público que as contempla. Co paso do tempo, novas agrupacións musicais se sumaron á procesión, moitas persoas que non teñen que ver co grupo visten o traxe tradicional e se suman a esa ?escolta? que acompaña con devoción e solemnidade as imaxes que representan aos patróns da vila, e honran asi a memoria dos nosos antergos a través da música e a roupa que levan. Non é o lugar que ocupamos o importante, senón o motivo polo que nos reunimos.

ULedicia non prohíbe a ninguén ir na procesión, ao contrario, convidamos a participar e conseguir entre tod@s unhas procesións fermosas por dentro e por fora.

Como responsables da organización recordamos que vestir o traxe tradicional require coidar certos detalles, no caso que nos ocupa moi especialmente os que teñen que ver coa igrexa. As mulleres deben levar sempre o pelo recollido da cara e a cabeza cuberta en relación coa indumentaria que vistan; as nenas ata a idade de facer a comuñón teñen licencia para levar o pelo ó aire (pero recollido). Para as procesións xeralmente vestimos de gala, con zapato escuro ?preferiblemente negro e de cordón- e inda que levamos máis adornos do habitual hai certas cousas que non casan con este traxe (reloxos de pulso, pulseiras, móviles?); e se o tempo amenaza chuvia, virá ben un paraugas negro. Tamén debemos lembrar que non estamos nun desfile ou nunha sesión de fotos; hai tempo antes e despois para posar, pero unha vez comezada, a procesión require compostura. Ao longo do percorrido somos cerca de trinta persoas controlando a orde e pendentes d@s participantes da procesión; é importante seguir as nosas recomendacións, xa que non pretendemos molestar a ninguén, senón buscar a seguridade de tod@s. Gracias pola vosa colaboración, e desculpas polos erros que podamos cometer.

Xunta directiva da S.C.R. Ledicia.