Os pequenos tamén se mollan pola lingua

La Voz

BARBANZA

Cativos de Rianxo, A Pobra e Ribeira participaron en actividades polas Letras Galegas

19 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Carreira a prol das Letras en Rianxo.

Familias, profesorado e alumnado sumáronse a unha xornada deportiva para asegurar a propia saúde e da lingua na Carreira das Letras que celebrou o CRA de Rianxo. Houbo un recital poético-musical e unha merenda-xantar. Escoitouse a voz de Manuel María a través dos seus poemas de «Os soños na gaiola» ou «Terra Chá» e o arco da vella no ceo subido e o cuco cunqueiro voaron durante a mañá de onte entre os asistentes á actividade. Participaron as escolas de Rañó, Quintáns, Abuín, Pazo, Cuvide, Capela, Outeiro e Cruceiro, así como alumnos do CEP Brea Segade.

CARMELA QUEIJEIRO

O Día das Letras foi festexado no campo de Pazos de Taragoña, onde a música popular animou toda a xornada, que contou tamén cun mercado tradicional e artesanal, un torneo de escoba e un concerto de Blues do País.

Adrian Gonzalez

Os cativos de A Pobra tiveron ocasión de participar, na véspera do 17 de maio, nunha festa das Letras no Catón da Leña onde non faltaron os obradoiros, a música e a animación.

anton parada

Durante a mañá do martes tamén se celebraron na praza do Concello de Ribeira, co gaio das Letras Galegas, tres obradoiros inspirados en outros tantos contos infantís: «O rato Paco», «Carapuchiña vermella» e máis «Contos de estrelas». A actividade foi organizada pola asociación cultural e veciñal Francisco Lorenzo Mariño

.