«Nós levamos o nome de Portonovo por todas partes»

Marcos Gago Otero
marcos gago SANXENXO / LA VOZ

PONTEVEDRA

RAMÓN LEIRO

A formación musical máis famosa do concello recollerá a raia de ouro pola súa carreira profesional o próximo sábado

02 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Alkar marcou unha etapa da música na comarca e sempre fixo gala de ser de Portonovo, razón pola que a comisión da festa decidiu recoñecelo coa raia de ouro.

-¿Que lle parece a raia de ouro?

-Está moi ben, é un recoñecemento a unha traxectoria moi longa, en activo desde 1969 e durante preto de trinta anos levando o nome de Portonovo por todas partes. Supoño que será por iso polo que nos deron o premio. Nós enterámonos polos medios de comunicación, non sabíamos nada, pero hai xente en Portonovo que se moveu nese sentido.

-¿Por que se creou o grupo?

-Formouse porque nos gustaba cantar. Os fundadores éramos compañeiros de traballo, en carpintería e albañilería. Tiñamos 17 anos e gustábanos moito cantar e coller as guitarras e de aí naceu a idea de facer o grupo. Foi no ano 1969 e éramos cinco eu, que son o guitarrista; Pepe, o teclista, que morreu; Chicho, o baixista; Toño, o batería; Suso, o cantante e guitarrista; e eu coa guitarra solista; e as voces as facíamos todos.

-¿Como foi a primeira actuación?

-Na sala Norat, que era onde había un baile e levounos un batería de Brindis, Rafael. Foi un éxito rotundo porque éramos a novidade e nós pasámolo fatal porque nos enrollamos, pero salvamos moito o tipo porque ao cantar e coñecernos á xente saíu ben ao final. Recordo os nervios, pero foi bonito. Logo fomos rodando e ensaiando e nunha época curta tivemos unha cantante, Gemma.

-¿Que cancións tocaban?

-Houbo unha época con cancións propias, que compoñía Pepe, e incluso actuamos nun festival rexional da canción, pola radio que era o que había daqueles tempos, e quedamos en segundo lugar. Foi na sala de festas Electra, en Vigo. E tamén cantábamos cancións doutros, calquera que fose bonita, dos Beatles, de todo.

-¿Dos Beatles? ¿Sabían inglés?

-Tiñamos unhas nocións mínimas. Eu basicamente sacaba a letra e escribíaa como soaba para todos e escoitábamos como soaba no disco. Non sei como saía, pero soaba parecido.

-¿Seguides cantando?

-Xuntámonos de vez en cando, na casa de Suso, e ensaiamos aí. Estivemos nun evento o outro día para Cáritas no Grove, e para diferenciarnos do actual grupo, fixémonos chamar Alkar Más Dos. Somos Suso, Toño, eu e dous rapaces máis, Carmelo e Folgada

guillermo míguez guitarrista do brupo alkar