«Queriamos conseguir un sistema económico que non interfira coas prioridades de gasto dun edificio»

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO / LA VOZ

MERCADOS

Víctor Álvarez, fundador y CEO de Situm

11 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Vimos que os sistemas que existían eran moi caros e iso era un problema». Así que o grupo de investigación de Víctor Álvarez no Citius, que usaba os sistemas de localización GPS en interiores para axudar a situarse a un robot que estaban construíndo, púxose a traballar. É a orixe de Situm Technologies, unha start up compostelá que ten xa un cadro de persoal composto por 18 persoas.

?Veñen mellorar un sistema que en realidade xa estaba inventado.

? Era un problema e por iso os nosos centros comerciais, os nosos hospitais e os nosos aeroportos non dispoñían dese sistema, porque non había eses cartos e hai outras prioridades para eses edificios. O noso obxectivo era conseguir un sistema económico que non interfira coas prioridades de gasto deses edificios e que o poidan usar para mellorar a vida dos que usan eses edificios: visitantes, docentes, pasaxeiros dun aeroporto...

?¿En que momento deron o salto da investigación á empresa?

?Como investigadores levamos nove anos e como empresa tres. A decisión tomouse porque como empezamos de clientes, coñeciamos os prezos e as problemáticas. Coñeciamos o mercado e conseguimos facer algo novo e pensamos: nós temos isto e o mercado está pagando isto por este tipo de sistemas, así que a oportunidade de mercado é moi clara. É como se ti sabes o prezo dun coche e inventas un novos coas mesmas características ou mellores e se pode comercializar pola metade de prezo. Teñas vocación empresarial ou non, salta unha lámpada na cabeza e pensas que non pode quedar aquí.

?Vendíase só.

? Tivemos sorte ao pouco de empezar de atoparnos con Unirisco, que está moi afeito a atoparse con perfís coma nós, xente moi técnica, pero con carencias na parte empresarial e axudan. É moi difícil vender e sen experiencia é aínda máis, pero non nos vai mal.