Marisa Barreiro, nova presidenta do Iescha

VILALBA

Sabela Figueira converteuse en vicepresidenta da entidade

18 mar 2017 . Actualizado a las 13:43 h.

Marisa Barreiro é a nova presidenta do Instituto de Estudos Chairegos (Iescha). Accedeu ao cargo onte pola noite, nunha asemblea de socios celebrada na Casa da Cultura de Vilalba. Sucede no cargo a Manuel Castro Santamariña, e con ela entra tamén unha nova vicepresidenta, Sabela Figueira. Arturo Gómez Mato continúa como secretario dunha directiva da que tamén forman parte nove vogais.

O Iescha desenvolve, dende hai anos, unha variada actividade, en Vilalba e noutros concellos chaeiregos. Exposicións de fotos, excursións, presentacións de libros e publicacións adoitan estar presentes na súa programación anual.