A desaparición das cuotas lácteas

Elías Somoza A SARRIA RURAL

SARRIA

A desaparición das cuotas lácteas.

03 mar 2015 . Actualizado a las 14:22 h.

O vindeiro 1 de de Abril desaparece o actual sistema de cuotas leiteiras, implantado alá por finais da década dos oitenta. Na comarca de Sarria mais de 500 explotacións veranse afectadas por esta decisión.

Nos últimos anos concretamente ata o ano 2005 aproximadamente, os productores de leite tiveron que facer importantes inversións na compra de couta, o cal levou consigo un importante endebedamento das gandeiras sarrianas, o igual que no resto do estado. A dia de hoxe algúns gandeiros ainda teñen que estar pagando as débedas ocasionadas por esta inversión, agora atopanse con que a súa inversión perdeu todo o valor patrimonial.

Famosa era en Sarria a multa da campaña 96/97, que concretamente na capital da comarca sobrepasaba os 100 millós das antigas pesetas, o cal poñía en risco a viabilidade de moitos productores de leite da comarca.

A grande incognita, é como vamos a resistir as explotacións de leite nun futuro no cal vai reinar o libre mercado. Son moitos os comentarios que xurden nestes dias, por un lado dicesenos que temos que aumentala producción para sermos competitivos, aposta que as veces só favorece as industrias lácteas. De todas formas hai algo sustancial coa producción leiteira, que vai ser clave de cara ó futuro, estamos a falar da base territorial das gandeirías da comarca. Se queremos producir a custos baixos teremos que dispor de base territorial, do contrario ó futuro de moitas explotacións vaise ver seriamente amenazado