Palas acollerá en setembro unha nova edición de Son d´Aldea

PALAS DE REI

CEDIDA

As actividades desenvolveranse na parroquia de Albá os días 4 e 5 

27 ago 2015 . Actualizado a las 20:18 h.

A parroquia palense de Santiago de Albá acollerá o vindeiro mes unha nova edición de Son d´Aldea. A iniciativa, xurdida hai varios anos, ten entre os seus trazos principais a recreación da vida no medio rural de hai décadas, aínda que o programa, presentado hoxe na Deputación, inclúe actividades variadas.

O venres pola tarde terá lugar unha mesa redonda sobre oportunidades e retos para o medio rural no mundo global, á que seguirá o espectáculo «Nabiza girl». O programa do día pecharase cunha cea, acompañada de queimada. Para o sábado están previstos un roteiro teatral, unha mostra de oficios artesáns, unha demostración de xogos populares, unha actuación do actor César Cambeiro nun espectáculo de monólogos e unha romaría coa actuación do grupo Os Carunchos.