Música, rutas e foliada no Convivio da Cultura Galega

OUTEIRO DE REI

ALBERTO LÓPEZ

A cita terá lugar en Outeiro de Rei

07 jul 2017 . Actualizado a las 19:12 h.

Outeiro de Rei acollerá o sábado 8 de xullo a cuarta edición do Convivio da Cultura Galega. A Casa-Museo Manuel María, xunto á federación Galiza Cultura de entidades culturais e a Asociación Cultural e Musical Solfa, impulsa esta xornada de festa e de encontro do asociacionismo cultural galego de base. A partir das 11.00 horas haberá na casa-museo o acto de acollida con Pilar García Negro e Alberte Ansede. Ás 11.30 farán a saída a pé ata a Carballeira de Santa Isabel, con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda a Manuel María. Na carballeira haberá actuación de bandas (12.00), xantar no que cada quen leva a súa comida (14.00) e foliada aberta. Máis información no 698 177 621.