Meira celebra as Letras Galegas... do 2017

MEIRA

CEDIDA

Presentada xa a candidatura que reclama ese recóñecemento para Avelino Díaz

12 may 2016 . Actualizado a las 18:26 h.

En Meira hai expectación polo Día das Letras Galegas... do 2017. O adianto está xustificado, pois xa é oficial a candidatura que propón ese recoñecemento para o poeta Avelino Díaz, nado na parroquia de Órrea (Riotorto) pero moi vencellado coa vila, na que viviu durante a nenez e a mocidade.

A presentación tivo lugar onte á noite, na Casa da Cultura de Meira, e foi un novo chanzo nunha traxectoria que comezou hai anos e na que está a xogar un papel protagonista a asociación que leva o nome do poeta. Ao acto acudiron autoridades como os alcaldes de Meira e de Riotorto (Antonio de Dios e Clemente Iglesias), o presidente da Deputación (Darío Campos) ou a delegada da Xunta (Raquel ArIas).

Avelino Díaz (1897-1971) escribiu a súa obra en América, onde pasou a maior parte da súa vida e morreu.