Comedia e historia chegan a Lugo da man do teatro afeccionado

LUGO CIUDAD

Haberá catro representacións teatrais este mes

06 sep 2018 . Actualizado a las 10:29 h.

Días 8, 9, 15 e 16 • 20.00 horas • Auditorio Municipal Gustavo Freire (Lugo) • 2 euros • Para público maior de 12 anos •  

O Circuíto Galego de Teatro Amador, que organiza a Federación Galega de Teatro Afeccionado, chega este mes a Lugo con catro representacións. Trátase de tres comedias e unha peza de memoria histórica, todas elas en lingua galega.

A programación foi presentada onte pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre; a directora de Achádego Teatro, Tareixa Campo, e un dos membros desta compañía, Suso Meilán.

· Sábado 8. Gargallada Teatro, Fuga, unha comedia de Jordi Galcerán sobre a historia do conselleiro de Industria Antón Pita.

· Domingo 9. O Trasno, En Venda, un encontro de tres mulleres unidas na fuxida.

· Sábado 15. Avelaíña Teatro, A ópera de patacón, versión libre arredor de textos de John Gay e Bertolt Brecht.

· Domingo 16. Paso de Valverde, Ás portas, unha historia de guerra, lembranzas, esperanza e cambio.