«Os rapaces son máis profesionais, pero non sei por que non saen»


15/05/2017 12:46 h

O ambiente que se ten visto nos últimos anos e que aínda se ve ás veces semella abondar para que Lugo siga a ser considerada unha cidade na que se vive o baloncesto. Porén, xa non é tan doado supoñer que a lucense sexa unha canteira que siga a dar os froitos de antano. «Nos eramos seis xogadoras de aquí e as de fóra. Os rapaces son agora máis profesionais, pero non sei por que non saen», di Sureda. Recoñece que ese comentario non é exactamente unha crítica e que pode ser unha corrente que dure anos e desapareza. «Vexo que un clube como o Estudiantes trae xente de fóra. Canta xente e de Lugo?», reflexiona Sureda, que lembra ter sido unha xogadora polivalente: «De aleiro e de pívot teño xogado moitas veces.

Tamén lembra que no Xuncas tivo compañeiras como Wonny Gueuer ou Tammy Jackson, que eran xogadoras «completísimas».

Votación
0 votos
Comentarios