«O bo do atletismo é que hai competicións de veteranos. Estás no teu e cos teus»

La Voz

LUGO CIUDAD

15 may 2017 . Actualizado a las 12:46 h.

Sureda acode a competicións de atletismo e ten previsto continuar por ese camiño. Os obxectivos non son só teóricos, senón que prevé participar este ano no campionato galego e no español; mesmo pensou en acudir ao europeo, aínda que esa idea non se fará realidade.

Unha das satisfaccións é a de atopar deportistas que poden ser máis ou menos da súa idade, co cal, di, non se sente desprazada como se, por exemplo, practicase baloncesto con xente máis nova. «O bo do atletismo é que hai competicións de veteranos», afirma. «Pásoo ben e non me sinto fóra de sitio», di. «Estás no teu e cos teus», engade.