El BNG dice que hay 6.500 euros para gastos de artistas y que Lara trata de «tapar a ?chanchullada? dos concertos»

La Voz

LUGO CIUDAD

19 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Lamentamos que sexa agora a alcaldesa, logo de que xa o fixera a edil de Cultura, a que nos acuse de ignorantes para tapar a “chanchullada” que lles custou aos lucenses máis de 20.000 euros e dos que alguén se beneficiou. A nosa documentación é moito máis fidedigna que as vagas explicacións que se están a dar do subrecusto de catro concertos para tapar un asunto que cada vez colle máis forza e cheira a corrupción», dijo ayer la concejala nacionalista Maite Ferreiro.

«Ten que ser a alcaldesa a que teña que sacar as castañas do lume pola nefasta xestión da área de Cultura. Nós sabemos perfectamente que os prezos dos concertos son diferentes segundo as datas; o que ocorre é que no caso do Concello de Lugo dase ao revés, na época que son máis baratos, pagámolos máis caros. Non sabiamos que variaban tanto en só quince días e en función da localización. Milladoiro custou en Ourense 8.000 euros o 21 de xaneiro; o 23 de febreiro, o dobre en Lugo», dijo Ferreiro.

La edil dijo que esta misma semana fue renovado a la empresa Alenti el contrato para atender las necesidades técnicas y de producción de eventos en el auditorio, por 82.363 euros. «Nel existe unha partida anual de 6.544 para necesidades específicas de artistas. Con esa contía poderían cubrise todas esas partidas das que se fala dende o Goberno e que tamén debería concretar cales son, con datos e requirimentos por escrito dos artistas par acabar de ilustrarnos xa que somos tan ignorantes», indicó la concejala Maite Ferreiro.