Comezan as obras de reparación en 17 concellos de Lugo

La Voz

LUGO CIUDAD

CEDIDA

Enmárcanse no Plan Integral da rede viaria provincial levado a cabo pola Diputación de Lugo

22 sep 2016 . Actualizado a las 19:54 h.

Vilalba, A Pontenova, Lugo, Friol, Trabada, As Nogais, Xermade, A Pastoriza, Pantón, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Pol, Lourenzá, Abadín, Becerreá, Monforte de Lemos e Baleira. Son os 17 concellos que se beneficiarán das primeiras reparacións do Plan Integral da rede viaria provincial. En total levaranse a cabo 21 obras, dotadas de 4,5 millóns de euros e que están financiadas pola Diputación de Lugo.

Obras en execución 

Becerreá: rehabilitación do firme LU-P-0707, de Armesto, por Tores, Ás Nogais. Estase a rematar a segunda fase destas actuacións de 500.000 euros. A primeira fase, xa finalizada, contou con outro medio millón de euros.

A Pobra do Brollón: rehabilitación do firme da LU-P-4713, da Pobra do Brollón á LU-652, en Cereixa, entre os puntos quilométricos 0 e 2,080. Conta cun orzamento de 20.000 euros.

Monforte de Lemos: rehabilitación do firme da LU-P-3202, de Monforte de Lemos a Currelos, entre os puntos quilométricos 0,100 e 2,207. Conta cun orzamento de 23.000 euros.

Lugo: acondicionamento da estrada que transcorre dende a Ponte Romana á Igrexa de San Lázaro, no Club Fluvial, con 55.000 euros. Tamén executa as obras de mellora do firme do paseo do Río Rato con 35.000 euros.

Próximas obras (xa están en marcha os procesos de contratación) 

Pantón: rehabilitación do firme da LU-P-4109, de Ferreira a Goián, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,090. Conta cun orzamento de 127.900.

Vilalba- Xermade: rehabilitación do firme da LU-P-6513, de Vilalba a Camposo de Fozo de Penamaior e rampla a Xermade, entre os puntos 10,220 e 12,200. Conta cun orzamento de 140.245 euros.

Lourenzá: rehabilitación do firme da LU-P-3006, de Santo Tomé, por San Adriano e Augasoxa, a Mazo, entre os puntos quilométricos 2,900 e 6,255. Conta cun orzamento de 268.425 euros.

Baleira: rehabilitación do firme da LU-P-0403, dende a LU-530, por rego de Pereira, a Quintá, entre os puntos quilométricos 4,560 e 5,800. Contan cun orzamento de 76.345 euros.

Abadín: ensanche e rehabilitación do firme da LU-P-0102, de Fontevella ao Carrizal, entre os puntos quilométricos 2,700 e 3,912. Conta cun orzamento de 372.088 euros.

Friol: rehabilitación do firme da LU-P-2101, de Friol A Parga, entre os puntos quilométricos 5,940 e 9,300. Conta cun orzamento de 300.012 euros.

Contratación das seguintes obras para a súa vindeira execución (aprobaranse na Xunta de Goberno de mañá)

Lugo: rehabilitación do firme da LU-P-2904, de Conturiz a Páramo, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,900. Conta cun orzamento de 189.677 euros.

Vilalba: rehabilitación do firme da LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín, entre os puntos quilométricos 14,670 ao 15,490. Conta cun orzamento de 72.069 euros.

A Pontenova: rehabilitación do firme da LU-P-1904, de Fonsagrada a Pontenova, entre os puntos quilométricos 16,500 e 27,570. Conta cun orzamento de 295.725 euros.

Trabada: rehabilitación do firme da LU-P-5204, de Cedofeita, por Arante e Vidal, a Regocorto, entre os puntos quilométricos 6,757 e 9,787. Conta cun orzamento de 197.441euros.

Pol: rehabilitación do firme da LU-P-4603, de Torneiros, por Hermunde, a Pol, entre os puntos quilométricos 3,510 e 5,010. Conta cun orzamento de 86.470 euros.

Ribas de Sil: rehabilitación do firme da LU-P-5303 de San Clodio, por Torbeo, ao limite provincial, entre os puntos quilométricos 1 e 2,485; 3,875 e 9,100; 12,700 e 16,150. Conta cun orzamento de 524.087.

A Pastoriza: rehabilitación do firme da LU-P-3006, de Meira a Pastoriza, entre os puntos quilométricos 1,920 e 2,831. Tamén na LU-P-4404, de Riocabo, por Piñeiro e Aldurfe, ás Rodrigas, entre os puntos 0 e 9,825. Estas dúas actuacións contan cun orzamento de 588,465 euros.

As Nogais: rehabilitación do firme da LU-P-3702, das Nogais, por Nullán, a Lamas, entre os puntos quilométricos 0,195 e 2,200. Conta cun orzamento de 146.530 euros.

Parque Móbil

O Goberno da Deputación decidiu empregar os medios do Parque Móbil para a execución deste Plan Integral de mellora da rede viaria provincia. Os 34 técnicos provinciais dos tres equipos de rego e dous de limpeza actúan esta semana en vías da institución nos Concellos de Lugo, Baleira, Cospeito e Guitiriz.