Lugo, entre os mellores expedentes de Galicia en selectividade

Tania Taboada

LUGO CIUDAD

Álvaro Ballesteros

O alumnado coas mellores cualificacións nas Probas de Acceso á Universidade recibiu o recoñecemento da USC

30 jun 2016 . Actualizado a las 20:57 h.

Preto de 1.500 persoas, entre alumnado, familiares e representantes de centros escolares de toda Galicia, asistiron hoxe ao acto de recoñecemento que a USC organizou para 604 estudantes que acadaron as cualificacións máis altas na selectividade. “Probablemente este sexa o lugar que concentre a maior cantidade de talento e de esforzo de toda Galicia e iso é algo sumamente reconfortante” afirmou o reitor dando á benvida á sesión. 

Dos 604 estudantes con mellores cualificacións nas PAU 371 son mulleres e, por provincias, 270 alumnos e alumnas proceden da Coruña, 195 de Pontevedra, 81 de Lugo e 58 de Ourense. En total, o alumnado cos mellores expedientes procede de 187 centros de ensino medio. A cada un dos estudantes entregóuselles un diploma conmemorativo e unhas gafas de realidade aumentada coa que a comezos do acto puideron realizar unha visita virtual á USC.

 Xunto ao reitor que presidiu a sesión, no acto interviñeron: en representación do alumnado Iván Arias Arias do IES do Camiño de Palas de Rei e a directora do IES San Rosendo de Mondoñedo, María José Cuesta Fernández, que falou en nome dos centros educativos. Tamén estiveron presentes o alcalde do concello de Santiago, Martiño Noriega Sánchez; o secretario do Consello Social, Benigno Carril; o coordinador do Programa A Ponte para o Campus de Lugo, Javier López González; e o delegado do reitor para o Ensino Medio, Luis Hervella Torrón, así como diversos integrantes do equipo reitoral e o concelleiro de Educación do concello compostelán, Manuel Dios Diz.