«Á Administración local fáltalle un punto de organización, de dimensión adecuada»

e g. souto

LUGO CIUDAD

Álvarez usó en ocasiones técnicas docentes para replicar a la oposición.
Álvarez usó en ocasiones técnicas docentes para replicar a la oposición. kike< / span>

«O modo de actuar da Xunta resultoume persoalmente doloroso»

19 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O seu nome chegou a soar como o posible sucesor de Orozco á fronte do Concello de Lugo. Finalmente decidiu situarse «no carril de saída, que non no de freado» e non estará na próxima corporación municipal. Luís Álvarez, voceiro do goberno lucense, concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, enfila as últimas semanas do mandato con ganas de pechar algúns asuntos e de deixar encarrilados outros. Dende o privilexiado coñecemento que ten do Concello de Lugo, di, aínda a sabendas de que algunha ampola levantará, que «á Administración local fáltalle un punto de organización, de dimensión axeitada». A crise, que non a falta de xestión, condenouno a ser un dos edís de Urbanismo que menos desenvolvemento urbano puido pilotar, e no concelleiro de Medio que non puido, porque o Goberno o impediu, cambiar o modelo de xestión do ciclo da auga para poñelo baixo a dirección dunha sociedade mixta con maioría de capital público.

-Xa case ao final do mandato, ¿que diagnóstico fai da Administración local ?

-Pois que a Administración local asume un volume excesivo de competencias para a capacidade de resolver problemas que ten. Mesmo un Concello como este, que non é dos pequenos, carece dun cadro de persoal suficiente para asumir todas as súas obrigas. Hai que ter en conta que o municipal é o ámbito administrativo ao que os cidadáns acoden en primeira instancia buscando solución rápida aos seus problemas.

-Deixa o Concello sen ver aprobado o 5% pendente do PXOM. ¿Sigue convencido de que houbo bloqueo por parte da Xunta?

-Eu creo que esta cuestión vai quedar finalmente encarrilada. O modo de actuar neste asunto da Administración autonómica resultoume persoalmente doloroso. Mentres, pola contra, no Concello, no ámbito urbanístico, tratouse de axudar a desbloquear asuntos que estaban atascados, como a licenza do recinto feiral. Si, creo que existiu bloqueo.

-E tamén queda pendente a actualización do plan do casco histórico...

-Penso que a actualización do PEPRI levantará máis expectativas que cambios prácticos suporá. E iso porque a normativa de rango superior establece limitacións moi considerables. É o caso da agregación de predios; a conservación do parcelario limita o número de terreos que se poden unir.

-En Medio Ambiente, non foi posible o novo modelo de xestión do ciclo de auga...

-As normas do Goberno para reducir o endebedamento público impediron crear a sociedade mixta para xestionar o ciclo da auga, o que nos levou de novo de volta á xestión directa. En Medio Ambiente quedan en tramitación un par de ordenanzas importantes: están pendentes de resolver as alegacións presentadas a Ordenanza Reguladora da Contaminación Acústica, e está en fase de borrador a de publicidade exterior.

-¿Xa esqueceu a folga na recollida de lixo?

-Non. Naquela longa folga vivín algúns malos momentos, como concelleiro de Medio Ambiente e tamén como portavoz do goberno.

«Cando estalou a operación Pokémon, houbo momentos moi difíciles»

No mandato municipal que está a punto de finalizar, a imputación do alcalde, Xosé López Orozco, na operación Pokemon constituíu para o goberno local un momento moi complicado. Os nacionalistas sentíronse lexitimados para romper o acordo co PSOE e pasaron á oposición. «Cando estalou a operación Pokemon, houbo momentos moi difíciles», recoñece Luís Álvarez, que como portavoz do goberno lucense tivo que dar a cara en moitas ocasións diante dos xornalistas.

-¿Esperaba ser o voceiro do goberno cando se presentou as eleccións?

-Para nada. Ó principio, nas primeiras roldas de prensa, case me sentía como cando fixen a oposición.

-¿Como ve á oposición municipal?

-Pasamos de ter un grupo, o PP, a ter dous (BNG). Do PP pouco podo dicir que non leve dito. Eu entendo o xogo político, pero nos últimos anos o PP levou a oposición polo camiño de considerar ao alcalde como unha persoa corrupta. Eu creo que fixo unha mala oposición porque o perfil político dos seus concelleiros é moi baixo.