«Agora a xente sabe que o único que saca do lume é a cinza»

La Voz X.?LOMBARDERO | REDACCIÓN

LUGO CIUDAD

CONDUCTOR DE MOTOBOMBA

08 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Luis Pasarín é xa un dos veteranos do servizo contra incendios forestais da Consellería de Medio Rural. É de Seoane, na Fonsagrada, e pertence ao distrito forestal Lugo-Sarria. Estes días tamén actúa de monitor para aprenderlles aos compañeiros e recén chegados a forma de operar coas motobombas. -¿Variou o choio dende que vostede entrou no servizo en 1990? -Eu empecei cunha 115 (unha carroceta) toda destartalada, e fomos cambiando a máquinas novas, que aínda se poden mellorar pois non viría mal un sistema de refrixeración na cabina. -¿E os incendios cambiaron? -Hoxe temos máis monte e mellor preparado que antano pero non hai practicamente un incendio igual a outro porque en cada un dase un clima, unha orografía particular e o combustible propio de cada zona. Penso que a conciencia da xente si cambiou. Agora sabe que o único rendemento que saca do lume é a cinza. -¿Cómo pensa que se podería diminuír ou eliminar a lacra incendiaria? -Unha cousa importante de cara á conservación do monte é que as políticas se fagan algo consensuadas co cidadán. -¿Cáles foron os lumes mais perigosos ou serios nos que participou para a súa extinción? -Hai uns anos, nun de Quiroga tivemos compañeiros en perigo, e no do ano pasado en Ames saía lume por todos lados, debido ao forte vento.