Máis proxectos e actos arredor de Díaz Castro en Guitiriz

GUITIRIZ

Comeza a campaña de recadación de doazóns para restaurar a súa casa natal, e o Concello organiza un roteiro

17 abr 2017 . Actualizado a las 12:46 h.

A figura de Xosé María Díaz Castro segue a ser o centro de actividades en Guitiriz. Por unha banda, vén de comezar a campaña de recadación de doazóns para restaurar a súa casa natal, na que se tentan levar a cabo traballos que a afasten da ruína. Conseguir nas vindeiras semanas 24.000 euros e o obxectivo do proxecto, que se está a espallar nas redes sociais con dous vídeos e para o cal a asociación de hostaleiros, co gañado no concurso de tapas celebrado o mes pasado, xa fixo achegas económicas.

Por outra banda, o Concello ten programado para o vindeiro domingo, Día do libro, a primeira Andaina sensitiva pola Ruta da pedra de Díaz Castro, que percorre lugares do municipio vencellados co poeta. O roteiro comezará ás nove e media da mañá no Vilariño, barrio natal do poeta.