O ano que comezou en abril

GUITIRIZ

SUSO PENA

Guitiriz comezou os actos de homenaxe a Manuel María, aprazados no inverno polo mal tempo

27 abr 2016 . Actualizado a las 11:39 h.

Un ano que comeza en abril. Así pode definirse este 2016, que en Guitiriz ten como protagonista cultural a Manuel María. A relación con Guitiriz do autor escollido pola Real Academia Galega para o Día das Letras Galegas xerou un variado conxunto de actividades, organizadas pola Asociación Cultural Xermolos, cuxo himno leva letra do poeta de Outeiro de Rei, e por outros colectivos.

O sábado comenzaron por fin os actos de homenaxe. Estaba previsto que desen comezo en febreiro, pero o mal tempo aconsellou aprazalos. A primeira data fixada para as actividades foi a do Día do Libro, e na Escola Habanera léronse poemas de Manuel María. Logo, como xa se pensara hai meses, en Parga celebrouse unha moenda, cantou a coral de Xermolos e houbo cantos de taberna en varios locais. Ao longo do ano, coincidindo con festas como a romaxe de San Alberte ou o Festival de Pardiñas, a presenza de Manuel María seguirá a notarse nos programas de actividades