Xermolos presenta un caderno en Guitiriz dentro das homenaxes a Manuel María

GUITIRIZ

O volume está dedicado á versificadora popular Josefa Cabado, A Requecha

02 feb 2016 . Actualizado a las 17:41 h.

A Asociación Cultural Xermolos presenta o venres, na parroquia dos Vilares (escola da Conchada, oito do serán) unc caderno incluído na colección As nosas raíces. O acto supón, na práctica, a estrea das homenaxes que se van organizar en memoria de Manuel María, a quen se lembrará de maneira especial no ano en que protagoniza o Día das Letras Galegas polo seu vencello con Guitiriz.

A publicación está dedicada á versificadora popular Josefa Cabado, A Requecha, e contará con varias intervencións. O coordenador de Xermolos, Alfonso Blanco, realizará unha delas, e analizará a relación de José André González, que participará tamén no acto, con Manuel María. Tamén intervirá a versificadora a quen se dedica este novo caderno. 

Actos adiados

Para o mes pasado estaba xa prevista a primeira homenaxe do ano a Manuel María en Guitiriz. Unha muiñada e unha sesión de cantos de taberna eran os actos programados, que foron aprazados dúas veces polo mal tempo. A previsión indica que terán lugar en vindeiras semanas.