O Museo de Narla incorpora sete camas históricas á súa exposición permanente

FRIOL

Colección de esporas.
Colección de esporas.

Cinco delas foron talladas no século XVIII en Olot e decoradas con escenas relixiosas, marmoleados ou paisaxes de cores

02 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A exposición permanente do Museo de San Paio de Narla, en Friol, incorporou recentemente un conxunto de sete camas -seis barrocas e unha neoclásica-, que foran retiradas para a súa restauración. A responsable de Etnografía e artes decorativas da Rede Museística da Deputación, María del Rosario Fernández, elaborou unha investigación para datar e coñecer a súa procedencia. Cinco foron realizadas probablemente en Olot no século XVIII e a imitación das que entón se facían en Italia. Con remate en copete, están decoradas con escenas relixiosas, marmoleados ou paisaxes en policromía e dourado. Outra das camas e de tipo portugués, con balaústres torneados, e pecha a colección unha peza neoclásica procedente de Navarra. Narla tamén incorpora un fermoso conxunto de esporas de Arxentina, Chile e México.