O secretario de Cospeito

Simón Anido

COSPEITO

28 sep 2016 . Actualizado a las 19:04 h.

O domingo fun votar. Ese día, traballaba, e como dicta a lei, teño dereito a un permiso retribuído de ata 4 horas. Pedín un xustificante na mesa onde votei e tiveron que facermo á man, pois carecían dos impresos necesarios. Xurdíume a dúbida de se sería valedeiro pois non levaba selo oficial nin nada similar, polo que optei por achegarme á oficina do Secretario do Concello de Cospeito (exerce de Delegado da Xunta Electoral de Zona).

En canto lle empecei a explicar esto, xa me interrumpeu, cuestionando se tería ou non dereito a dito permiso (sen ser apoderado, interventor, presidente, etc.), ao que lle respostei que non fora alí a debatir sobre os permisos que a miña empresa me da senón pedir axuda para presentar un xustificante que a empresa me exixe. Díxenlle que nas pasadas eleccións xerais fun Presidente de Mesa Electoral e fixen todos os xustificantes. Díxenlle que ía avisar ás autoridades, ao que respostou: «Trae a xuíza tamén».

Só me sae dicirlle a este señor que se non sabe, que pregunte, que diga que non sabe, ou que non pode, pero que non vacile, pois vacilar non é o cometido dun servidor público. Se o xustificante non vale, terei que solicitar un certificado á Xunta Electoral de Zona, cousa que me ocasionará pérdida de tempo e diñeiro polo capricho deste señor que non solventar un mínimo problema, por incompetencia, desidia, chulería ou descoñecemento. Porén, rexistrarei no Concello a orde da Xunta onde se recoñece este permiso para axudar a este Secretario a actualizarse e non lle volva facer esto a ninguén.