A Biblioteca de Antas acada un premio pola promoción dos libros e da lectura

La Voz TERESA BATÁN | ANTAS DE ULLA

ANTAS DE ULLA

05 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A memoria de actividades de animación á lectura do mes de abril da Biblioteca de Antas de Ulla foi premiada pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural no concurso «Abril, mes dos libros», centrado na promoción do libro e da lectura en galego. O premio consta de mil euros para a adquisición de libros, vídeos, xogos educativos e discos compactos, editados en galego. A programación coa que a biblioteca de Antas foi premiada tiña por finalidade fomentar a lectura entre os máis cativos e o seu tema era a literatura en igualdade. Incluía numerosos xogos para fomentar a lectura de xeito lúdico e ameno, usando libros que abordaban o tema da igualdade.