Chega o Festival da Chaira, con foliada, concertos, xogos e teatro

A PASTORIZA

Baltar (A Pastoriza), vivirá unha xornada de festa para todas as idades

14 jul 2017 . Actualizado a las 14:32 h.

Sábado 15?•?Desde as 12.00?•?Carballeira da praia de A Rivoira, Baltar (A Pastoriza). Acampada libre?•

Baltar celebra o sábado a duodécima edición do Festival da Chaira. As actividades comezarán pola mañá, ás 12.00, cunha ruta polos arredores, de seis quilómetros. Sobre as 14.00 terá lugar a sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma. Tralo xantar, VIII Aberto de Billarda ás 17.00, e media hora despois, xogos tradicionais con Xotramu. Ás 19.00, Lola e a Ratoa a cargo de Teatro Marionetas Trécola. Ás 20.00, foliada aberta con Amigos do Caldeiro e Gaia Pandeireteirxs. E, a partir das 23.00, concertos de Andoa, Charanga Mekánica, Festicultores Troupe e Dj Chafu.