Soterrado o crego e destacado filólogo Nicandro Ares

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

A cerimonia tivo lugar na igrexa Santa Eulalia de Bóveda

25 jul 2017 . Actualizado a las 21:51 h.

O crego e filólogo Nicandro Ares Vázquez, que finou na mañá do pasado sábado aos 91 anos de idade, foi soterrado en Santa Eulalia de Bóveda onde nacera, en xuño de 1926. A cerimonia contou coa presenza de numerosas persoas. O bispo de diocese foi quen oficiou a misa acompañado dunha ducia de cregos. O prelado eloxiou a personalidade e o traballo levado a cabo por o falecido ao que definiu como persoa humilde.

Nicandro Ares fora ordenado sacerdote en 1951. Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde o ano 2006. Ao longo da súa vida publicou máis dun milleiro de artigos en xornais e revistas. Case douscentos dos seus traballos sobre a toponimia galega foron recollidos en dous volumes que editou a RAG.

Persoeiros da cultura lucense eloxiaron o traballo desempregado por este crego. Coincidiron en destacar a súa personalidade e tamén o seu traballo como investigador e dixeron que sempre quixo pasar desapercibido.