Seis concellos toman medidas para minimizar os danos do oso pardo

La Voz

LUGO

LV

Algunas explotacións apícolas serán colocados cercados eléctricos

20 jul 2017 . Actualizado a las 22:39 h.

A Xunta de Galicia e os concellos da Serra do Courel que participan no plan para minimizar os danos causados pola presenza do oso pardo acordaron impulsar as primeiras medidas incluídas neste proxecto. Pedrafita, Folgoso do Courel, As Nogais, Triacastela, Quiroga e Samos serán os beneficiarios directos destas accións que, coordinadas pola Fundación Oso Pardo, contan cun orzamento global de 1,6 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que unha das primeiras medidas consistirá en establecer elementos de protección fronte a ataques de oso a todas as colmeas da zona de actuación e a realización de rozas  nos puntos de caza. En apoio dos produtores de mel, o plan contempla a realización dun inventariado das explotacións apícolas para instalar nelas pastores solares, informaron dende a Xunta. Os cercados eléctricos complementaranse coa compra e rehabilitación de alvarizas co obxecto de avaliar a súa acción protectora.

Tamén esta previsto iniciar distintas rozas e tarefas de limpeza vexetal nos puntos de caza. Neste caso a idea é dar prioridade a empresas e traballadores residentes nesta zona á hora de acceder a este contratos. Todas estas accións e as que están previsto executar no futuro están planificadas de acordo cos concellos que se comprometeron a informar a todos os afectados do catálogo de medidas e axudas dispoñibles.