Música, rutas e foliada para homenaxear a Manuel María

Outeiro de Rei celebra o Convivio da Cultura Galega

O carro de Manuel María canta na casa que o viu nacer O carro de Manuel María canta na casa que o viu nacer

Outeiro de Rei converteuse de novo nun escenario de homenaxe ao poeta chairego Manuel María. O Convivio da Cultura Galega, que se celebra hoxe, combina música, rutas e foliada para converterse nunha xornada lúdica e festiva, de convivencia, «de recuperación do espírito comunitario da tradicional romaría de Santa Isabel».Tamén serviu de homenaxe a Rosalía de Castro, con motivo do 180 aniversario do seu nacemento.

Por outra banda, o Convivio pretende converterse nun lugar de reunión das distintas asociacións culturais galegas; de feito, tamén se celebra hoxe un encontro de asociacionismo cultural de base.

Votación
1 votos