O Goberno da Deputación mellorou con 360.000 euros a estrada que une Ribas de Sil con Ourense

La Voz LUGO .

LUGO

cedida

O acondicionamento na estrada LU-P-5302, que tamén leva aos Canóns do Sil dende Cubela e á igrexa románica de Santa María situada en Torbeo; dous puntos turísticos de referencia na Ribeira Sacra, rematou coa limpeza de cunetas, aglomerado en quente e co incremento da sinalización en 6,7 quilómetros desta vía.

01 jun 2017 . Actualizado a las 11:50 h.

rou con 360.000 euros a estrada que une o Concello de Ribas de Sil coa provincia de Ourense, entrando polas localidades de Castro Caldelas e San Juan del Río; ademais de ser a vía que conecta esta zona da provincia cos Canóns do Sil a través do núcleo da Cubela. O Deputado de Goberno Interior e Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega, mantivo un encontro cos veciños da zona para coñecer o seu parecer sobre o novo estada da vía. Trátase da LU-P-5303 de San Clodio por Torbeo. O Executivo Provincial rematou o arranxo de 6,7 quilómetros desta vía. As melloras executáronse dende os puntos quilométricos 1 ao 2,485; do 3,875 ao 9,100 e do 12,700 ao 16,150. Consistiron na limpeza de cunetas, acondicionamento do firme con aglomerado en quente e incremento da sinalización horizontal.

Sotuela Vega explicou que “esta é unha estrada con moito tránsito, pois une a provincia de Lugo coa de Ourense, entrando polo Concello lucenses de Ribas de Sil dende os municipios ourensáns de Castro Caldelas e San Juan del Río. É o principal acceso viario a Torbeo, parroquia na que se atopa a igrexa románica de Santa María, que data do século XII e é un dos puntos turísticos de referencia no Sur lugués; ademais de ser nexo dende a aldea de Cubela cos Canóns do Sil, outro dos buque insignia da nosa Comarca. Polo tanto, creo que con estas melloras conseguiremos beneficiar a moitos veciños e contribuír ao impulso do sector turístico na Ribeira Sacra”.