O San Froilán deste ano durará un fin de semana máis

LUGO

LV

O PP lamenta que os socialistas non  queira modificar as bases para adxudicar as casetas do polbo

24 may 2017 . Actualizado a las 18:49 h.

O San Froilán deste ano durará unha fin de semana máis. As festas patronais da cidade de Lugo serán do 4 ao 15 de outubro, en vez de rematar o 12 como xa ven sendo tradicional. A decisión foi comunicada logo da primeira xuntanza da comisión de festas. Son tres días de troula máis para aproveitar a ponte do Pilar. Na última edición, un grupo de feirantes pediron ao Concello permiso para seguiren traballando unha fin de semana máis e destinar unha parte da recadación a fins benéficos, pero non foron autorizados.  

A reunión non estuvo libre de crítica. Nela falouse do novo concurso de adxudicación dos caldeiros e casetas do polbo logo da espantada levada a cabo por Bruxa Consulting, a empresa do empregado de banca, Javier Irimia. O PP pediu unha modificación das bases para garantir que os adxudicatarios teñan, polo menos, idea de cuestións relativas á hostalería, pero o equipo de goberno optou por manter as que estaban actualmente en vigor. «Lamentamos a cerrazón dos socialistas a levar a cabo esta modificación. Un capricho da alcaldesa pode afectar a imaxe do principal reclamo gastronómco do San Froilán», dixo o viceportavoz do PP, Antonio Ameijide, que foi un dos asistentes á xuntanza.