Carta de Manuel Martínez aos militantes do PSOE de Lugo

Manuel Martínez CARTA ABERTA

LUGO

30 mar 2017 . Actualizado a las 17:33 h.

Boas tardes, compañeiros e compañeiras!

Quero trasladarvos a todos a miña satisfacción pola reincorporación ao PSOE como militante, tal e como expresei nos medios de comunicación. Sinceramente, teño que recoñecer que estou contento por volver a representar ao noso Partido, e agardo que nunca se volva a producir unha situación deste tipo. Creo que a lealdade en política é un principio que xamais debemos de perder. Comeza unha nova estapa, e Manolo Martínez, que nunca deixou de sentirse socialista, quere agradecervos o apoio recibido por moitos de vós ao longo deste tempo.

Sei que foron meses complicados, polo que tamén creo que é de xustiza pedirvos desculpas pola tensión vivida. Non obstante, quero trasladarvos que en ningún momento perdín o meu sentimento de socialista. Levo como militante 40 anos, durante os cales vivín e defendín a ideoloxia e as cores do meu Partido ao que con tanto orgullo pertenzo.

Por iso, e porque as relacións xa están restablecidas, póñome á vosa disposición tanto dende a Deputación, onde vos recibirei con cariño e afecto.

 Sen máis, recibe unha forte aperta socialista.

M. Martínez.