«O Forneiro», cun cancro terminal e ao que acompañou ata a morte

La Voz

LUGO

19 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Corredoira, no seu pateo polos municipios da provincia para atopar enfermos que fixeran a ruta do cancro á Coruña, sinala como un día bateu en Parada do Monte, na Pobra do Brollón, con Manuel Gallego Gallego, O Forneiro, un home que vivía só e sen familia cercana, e que sufría un cancro de larinxe. «Cando me veu, creo que pensou que ía a ser o seu salvador, porque ninguén miraba por el».

Este home nunca chegou a recibir a radioterapia polo seu estado delicado de saúde, que o obrigada a estar ingresados nos hospitais de Monforte e de Lugo. «Funo ver varias veces ao hospital, e estaba tan só, que lle merquei do meu peto unha radio para que pasase o tempo». Dous días antes de falecer, lembra aínda agora Corredoira chorando, conseguiu contactar cun irmán seu en Girona. «Deixeille o meu móbil para que falasen e estaba o home emocionado. Dous días despois faleceu e fun ao enterro». Hoxe, di Corredoira, ten aquela radio parada na casa e sen usar.