Un asentamento que ofreceu achados únicos en Galicia

La Voz

LUGO

28 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O castro de Formigueiros encóntrase na cima dun alto da serra do Édramo, nas inmediación do monte de Santa Mariña ?no límite co municipio do Incio?, onde se conserva unha das necrópoles megalíticas máis importantes de Galicia. O asentamento ocupa en total unhas cinco hectáreas. A croa ou recinto central ten sobre 2.000 metros cadrados de superficie. O castro está dotado dun complexo sistema defensivo de foxos e parapetos.

Segundo as estimacións dos arqueólogos, o asentamento estivo habitado en dúas épocas diferentes. A máis antiga comezaría no século III antes de Cristo e terminaría a mediados do século I. Tras un período de abandono foi ocupado de novo na época tardorromana ou na altomedieval.

Nas campañas de escavacións que se desenvolveron no castro no seu día puxéronse ao descuberto os restos de diversas construcións de planta cuadrangular. Os achados máis notables consisten en varias pranchas de lousa decoradas con figuras de cabalos e peixes, que por agora constitúen un caso único na arqueoloxía castrexa galega.