Unha liña de traballo que pode abrirse ao uso de novos materiais

La Voz

LUGO

17 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A madeira é o material que Carracedo adoita empregar no seu traballo. Porén, non se pecha ao uso doutros, sintéticos, nas pezas pequenas, peitoques e pitos, o cal lle daría unha nova dimensión: os prezos baixarían e a fabricación aumentaría. Nesas pezas pequenas está hoxe moi centrado o seu labor, máis ca nas gaitas, que fabrica por encargo.

En calquera caso, Carracedo non se sente unha persoa que vaia contra a corrente maioritaria no traballo ou na visión da música galega: máis ben cre que se move «en paralelo». O que si subliña é que o emprego dunha gaita non se debe de reducir a un determinado estilo senón que lle convén mesturarse con outros: nesa fusión precisamente, di, está «a súa riqueza».