Recoñecemento aos gaiteiros tradicionais da montaña

La Voz

LUGO

17 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Carracedo louva o oficio e a traxectoria de gaiteiros de toda a vida, de xentes que na montaña oriental de Galicia (nunha liña que pode ir da Fonsagrada ao Courel pasando polos Ancares) conservou un repertorio moi aprezado. «Todo Galicia pasou pola montaña», comenta Carracedo, que tamén recoñece que nas Rías Baixas ?quizais cun estilo algo diferente, algo que tamén ve como unha riqueza? houbo e hai bos gaiteiros.

Cando se lle pregunta por nomes importantes do panorama galego actual, saen nomes que non son os das grandes figuras. Admira a músicos como Chisco (Francisco Javier Feijoo), a Pepe Vaamonde ou aos integrantes de Treixadura: «xente que sabe afinar moi ben; que ten a esencia do tradicional, da terra», afirma. Sobre as caras máis coñecidas do folk galego actual di, sen engadir máis, que son bos instrumentistas.