Este luns comezan as obras na Rúa Armanya

La Voz

LUGO

Trátase dunha mellora na rede de saneamento e doutros servizos da rúa

28 ago 2016 . Actualizado a las 14:05 h.

O Concello informa que que este luns comezan as obras que  acometerá co fin de reparar a rede de saneamento da Rúa Armanyá, que dá servizo a un cento de veciños. Coa realización destes traballos, que anunciou o edil de Infraestruturas, Manuel Núñez, «o Concello quere acabar coas filtracións que se producen nesta rúa, e que ademais afectan a algún dos edificios, ao tempo que será necesario levantar o pavimento para acometer a óptima reparación da rede de saneamento». Con estas obras, que arrincarán mañá coa correspondente supervisión arqueolóxica e que contan cun orzamento de 31.500 euros, a entidade local tamén aproveitará para reubicar un cadro eléctrico situado nesta mesma rúa. 

«Estas actuacións de mellora súmase a outras que o Concello acometeu ou está acometendo na cidade para mellorar os servizos e infraestruturas públicas, como a modificación do saneamento na rúa Ramón Montenegro para eliminar as filtracións de agua nas escalinatas, o abastecemento en Fontiñas, ou a rehabilitación do templete da música na Praza Maior», sinalan desde o goberno local.