O BNG inicia a belixerancia na Deputación cunha denuncia sobre os catamaráns

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

25 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Acabada a amizade co equipo de goberno da Deputación, o BNG iniciou a belixerancia. A formación denuncia que persoal da institución efectuou traballos para a Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa) contravindo un informe técnico. Esa entidade era a que tiña encomendada o mantemento de catamaráns por máis de 180.000 euros, pero foi persoal da institución o que traballou nas embarcacións sen que Suplusa, din os nacionalistas tivese que asumir ningún custe. É por iso polo que o BNG pide explicacións ao equipo de goberno.

«Outra incógnita que nos queda tamén está na legalidade que pode ter que unha empresa como Suplusa, que compite no mercado con outras privadas para facer traballos par a Deputación, poida usar persoal pagado polo propio organismo para o seu funcionamento», di o BNG.