Dous feridos na saída de vía dunha furgoneta na A6 en Baralla

E. G. Souto

LUGO

CEDIDA

Os afectados quedaron atrapados no interior do vehículo

29 may 2016 . Actualizado a las 15:09 h.

Esta mañ, cerca das doce, rexistrouse un accidente na autovía A6 a altura do quilómetro 477 en dirección Madrid, no termo municipal de Baralla. Unha furgoneta Ford Transit saíu da calzada, bateu co valo metálico e logo emborcou lateralmente. Os ocupantes quedaron atrapados no interior do vehículo polo que foi necesaria a súa excarceración. Tratábase dun home e unha muller que  foron e evacuados polo 061.

O operativo foi efectuado polos bombeiros de Sarria, axudados  na sua parte final polo GES de Becerreá. A maiores tamén interveu a Garda Civil de tráfico. Tamén foi o lugar para a sinalización do contratempo a empresa de mantemento da vía.