Xermade analiza as posiblidades de xerar riqueza no agro 

X.M.P. VILALBA

LUGO

As Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros comezan o sábado

27 may 2016 . Actualizado a las 21:58 h.

A posibilidade de poñer en valor o medio rural e de xerar riqueza cos seus recursos estará presente nas Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros (Xermade), que dende o sábado celebran unha nova edición. Os días 28 de maio e 4 e 11 de xuño debateranse retos de presente de futuro para o agro con diversas intervencións.

O sábado, tras un acto inaugural previsto para as dez e media da mañá, haberá un coloquio sobre agricultura e gandaría coa eurodeputada Lidia Senra, coa dirixente do SLG Isabel Vilalba e cunha representante da asociación veciñal de Miraz (Friol), Rocío Pena.

Para o 4 e o 11 de xuño están previstas máis actividades, ainda que xa cunha orientación máis social. Por exemplo, no terceiro día de sesións entregarase o premio de investigación Xermade na Historia e presentarase a súa segunda edición.