«O PEPRI hai que modificalo, para que sexa instrumento de protección, pero tamén de desenvolvemento»

La Voz

LUGO

22 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde mayo del 2015, Lara Méndez ha vivido meses muy intensos, duros. Reconoce que fue difícil adaptarse al nuevo entorno. Con solo ocho de 25 concejales, es difícil gobernar. Y más en medio de una crisis económica y con la presión del caso Pokémon y otros. Méndez ha surfeado sus primeros meses en la alcaldía agarrada a su sonrisa permanente y a un modo de ser cordial incluso en las tormentas. Dice que ha sentado las bases de lo que vendrá. El tiempo dirá si son sólidas.

A alcaldesa afirma con contundencia que o plan especial de protección e reforma interior do casco histórico (PEPRI) «hai que modificalo», de modo que cumpra o seu papel de «instrumento de protección, pero tamén de ferramenta para o desenvolvemento e non de freo». Desta maneira Lara Méndez puntualiza unhas declaracións do seu propio goberno nas que se poñían de manifesto os asuntos que consideran urxentes en materia de urbanismo, nos que a actualización do PEPRI no figuraba entre as prioridades. Méndez sinala que o goberno socialista é o primeiro que quere dispoñer deste instrumento urbanístico actualizado para a adecuada protección do patrimonio, de modo que sexa un dos motores da economía.

Neste xa case primeiro ano de mandato, houbo «un cúmulo de circunstancias» que impediron ao goberno de Lara Méndez traballar como querería. O campo do urbanismo foi un dos afectados. Aínda falta por aprobar o 5% do PXOM.