O 11 de maio será a marcha do Correlingua

La Voz

LUGO

Participarán 20 centros da comarca de Lugo e ao redor de 1.300 alumnos

06 may 2016 . Actualizado a las 14:35 h.

Correlingua volverá a xuntar un ano máis a centos de alumnos da provincia de Lugo. O delegado de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro, e o coordinador do Correlingua en Lugo, Manuel Muñiz, presentaron hoxe esta marcha que pretende reivindicar o emprego do galego. Será a decimosexta edición, baixo o lema «O galego está en nós», e nela participan a CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística e diversos concellos e áreas de cultura das deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra. O Correlingua xa se celebrou en Burela, o luns 9 será no Parque dos Condes de Monforte e o mércores 11 na Praza de Santa María de Lugo, onde haberá actividades. A presentación dos actos correrá a cargo da compañía galega Talía Teatro, e haberá actuacións do Cantalingua e entregaranse premios dos concursos de pancartas e animación da marcha.

No caso de Lugo, participan máis de 20 centros da comarca e ao redor de 1.300 alumnos.