Ave en Lugo: non está, ni se lle espera

Jesús Vázquez

LUGO

07 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Para o vindeiro día 18 estamos a preparar un acto reivindicativo de defensa do ferrocarril en Lugo. Trataremos de poñer de manifesto que a provincia precisa ter uns servizos ferroviarios acordes co actual século. A nosa reivindicación no só se limita a melloras nos horarios e maiores frecuencias. Imos moito máis aló: a estación intermodal, a potenciación do tráfico de mercadorías, un plan urbanístico para a zona da estación (¡Que imaxe tan lamentable obteñen os visitantes cando chegan a estación!), supresión de pasos a nivel, mellores conexións con Madrid e Barcelona, sen dúbida; e, por suposto, tamén un plan de viaxes de proximidade axeitado.

Estanme a sorprender gratamente as repostas que temos de de diversos colectivos. O momento é clave. Ou agora ou nunca. Lugo está illada e aínda pode quedar máis. O Ave non está, nin se lle espera. Os políticos e tamén outros colectivos non amosaron o maior interese polos servizos ferroviarios. A Xunta investiu en todas as estacións menos na de Lugo. Renfe pon máis trens para o resto de Galicia e deixa á cidade cunha pésima conexión con Madrid. É o momento de reaccionar, como ocorreu no seu momento coa Facultade de Veterinaria, hemodinámica ou radioterapia. Tócalle ao tren. No debe de pasar máis tempo.