Con chave

Xulio Xiz TRIBUNA

LUGO

26 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

 oca formar goberno, e a El Rey corresponde designar un candidato, sen que polo de agora teña traza de conseguilo, porque os políticos protagonistas non están dispostos a dar o brazo a torcer, nin sequera a dar a man con intención construtiva.

   Na Igrexa Católica cando morre o Papa, reúnese o cónclave, pechado como proclama o seu nome, e os concentrados non sairán do seu encerro ata que cheguen a un nome de consenso, fagan falla as votacións que sexa preciso.

   Neste tempo de enfrontamentos, de palabras baleiras, de agresións verbais, de que ninguén pareza estar disposto a falar ?xa non digamos pactar? con ninguén, e que o caos só pode traer consigo unhas novas eleccións que serían desastrosas polo desánimo dos votantes, faría falla unha compulsión que obrigara aos políticos a deixar de pensar en si mesmos e pensaran nalgún momento no ben común e nos intereses do país. Non hai ningunha lei que obrigue, nin poder que poida conseguir, que os políticos hispanos recuperen a razón e teñamos por unha vez a festa en paz.

   Os poderes económicos póñense nerviosos, a bolsa trema, Europa presiona ? e todos os que opinan fano desexando que, sexa cal fose a fórmula, teñamos axiña un goberno que se poña a traballar polo país. Os únicos que non parecen enterarse son os que tiñan que estar máis preocupados. E así nos vai, nun sen vivir. Para ter unha idea de por onde andan, só lles falta porse a discutir sobre o sexo dos anxos. Pero todo se andará. Magoa non poder pechalos.