Lara Méndez presentará mañá a súa proposta de orzamentos do Concello de Lugo para este ano

La VOz LUGO

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

A cantidade total final rondará os noventa millóns

24 ene 2016 . Actualizado a las 18:12 h.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou unha xunta de coceiros para mañá luns, 25 de xaneiro ás dez, para darlle a coñecer ao resto de grupos da corporación o borrador do proxecto de orzamentos para o exercicio económico deste ano elaborado polo goberno municipal. A rexedora, avanzou que xa se mantiveran diversas conversas e reunións co grupo municipal do BNG e Lugonovo, os grupos que facilitaron a investura, «como é unha cuestión lóxica xa que son os que poden ter un proxecto máis afín», para que achegasen as súas propostas e as cuantificaran económicamente.

«Por responsabilidade e coherencia coa forma de actuar deste goberno baseada no diálogo e na transparencia, queremos expoñer ao resto de grupos e aos lucenses a nosa proposta de orzamentos, que novamente aposta por manter uns servizos sociais fortes e por incrementar as políticas activas de emprego», apuntou Lara Méndez.

A alcaldesa de Lugo manifestou que mañá tratará este borrador cos grupos políticos municipais para que estes poidan facer as achegas que consideren oportunas, se ben adiantou que o orzamento total final ascenderá a 89,8 millóns de euros, mantendo as máximas dos servizos sociais e a creación de emprego. Tamén quixo aclarar que as aportacións que realicen os grupos políticos deben ser «serias e responsables», dando a coñecer que partidas se cambiarían e a que se destinarían.