Presentan unha guía infantil sobre Lugo

La Voz

LUGO

A escritora Cristina Corral presenta «De paseo con Paulo»

09 oct 2015 . Actualizado a las 19:52 h.

A escritora lucense Cristina Corral presentou no Concello o seu libro «De paseo con Paulo», unha guía infantil de viaxes pola cidade de Lugo, e que dá continuidade a un volume titulado «De paseo con Crunia», sobre a cidade da Coruña. O libro -presentado pola autora xunto á alcaldesa, a edila de Cultura e o editor Miguel Tobal- conta a historia da avoa de María, que leva de paseo ao seu neto por Lugo e vaille explicando como é a súa cidade e a súa historia.