«Morreu de leucemia unha amiga e quixen facer algo; o primeiro foi facerme doante de médula»

L. López Lugo / La Voz< / span>

LUGO

30 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O lucense Félix Amor é o artífice deste orixinal e solidario proxecto. A súa experiencia en retos e aventuras está máis que probada, pois xa participou no Reto Mongolia do 2012 ou no Panda Raid do 2013.

-¿Como xurdiu a idea desta iniciativa?

-Tiña unha amiga con cáncer, e no 2012, despois da viaxe a Mongolia, dixéronme que non tiña solución. Foi un duro golpe. Morreu de leucemia esta amiga e despois duns meses quixen facer algo; o primeiro foi facerme doante de médula, pero sentía que iso non chegaba. Así que tiven ocasión de falar co colectivo Somos Unidos por el Cáncer e xurdiu a idea desta viaxe. Queremos recadar fondos para a investigación, provocar ilusión entre os nenos enfermos, dar a coñecer tamén esta doenza e animar á xente a facerse doante de médula.

-¿Como se levará a cabo a recadación de fondos para destinar á investigación do cancro?

-De varias formas. Á volta da viaxe venderemos o coche e outros obxectos, como a tenda de campaña ou os sacos de durmir. Ademais, na gala que faremos antes de saír ou en calquera outro momento, quen desexe colaborar a maiores, particular, empresa ou administración, pode facelo. En calquera caso, queremos facernos oír e se conseguimos un só doante de médula todo isto xa merece a pena.