Sanidade inviste 220.000 euros para reformar o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo

LUGO

Este centro ocúpase do control microbiolóxico e químico dunha ampla gama de produtos alimenticios , así como do control das augas de consumo e praias

25 ago 2015 . Actualizado a las 13:58 h.

A Xunta investirá 220.764 euros para reformar o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia en Lugo. As obras adxudicáronse á empresa Copcisa, e a sinatura do convenio tivo lugar esta mañá no edificio administrativo da Consellería de Sanidade, entre Lourdes Vilachán, directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, e Javier Sal, xerente de Copcisa. As obras están cofinanciadas ao 80% polo programa Feder Galicia 2007-2013.

Estas obras incluirán, entre outras cousas, a revisión e o acondicionamento da instalación eléctrica, voz e datos, a climatización e extracción de gases, obras de carpintería, sinalar a extinción e evacuación de incendios, fontanería, saneamento, etc.

O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia ocúpase do control microbiolóxico e químico dunha ampla gama de produtos alimenticios ?leites, carnes, peixes, alimentos infantís...?, así como do control das augas de consumo e praias. Ademais, realiza controis de aditivos, xa que o seu bo uso garante tanto o bo subministro como a calidade dos alimentos que consumimos, polo que resulta fundamental vixiar tanto os aditivos que se usan, como as cantidades permitidas.

Por outra banda, este laboratorio leva a cabo tamén o control de alérxenos, xa que cada día son máis frecuentes os casos de intolerancias e alerxias alimentarias, posto que a garantía fundamental para os que sofren estes problemas está nos etiquetados dos produtos, polo que resulta de enorme importancia vixiar o etiquetado. A maiores, controlan os parasitos en augas e alimentos.