Os Valcarce endexamais perderon Doncos

Antón Valcarce, reclamante da Torre de Doncos CARTA ABERTA

LUGO

11 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Opreito e a sentenza que se atopou no Archivo da Real Chancillería de Valladolid pérdeo Juan de Luna -comendador de Bamba e prior de San Juan-, que non podendo demostrar parentesco ou herdade con Francisca de Valcarce, queda sen torre, que coma voitres leonado e carroñeros son partícipes das desfeitas e espolios que os chamados Reis Católicos fan con Galicia, especialmente cos señores de Lemos e outros. Tan só viñan a apañar as migallas.

No ano 1566, a Casa de Alba non posuía título ningún no Condado de Monterrei, nin de Lemos. Tardarían séculos en malfacerse con eles.

Doncos non é da Casa de Alba. Non o digo eu, só o din eles.

A torre de Doncos debe pertencer ao pobo galego, como símbolo de «nazón e resistencia» polos feitos alí acontecidos, máis só a través dos seus lexítimos donos. Só así evitaríamos algo tan estraño e humillante como que o señor Martínez sexa o actual Conde de Lemos, por mor dalgúns vende patrias, bicamans, tiralevitas, lacaios e pecheros de Castela.