Obradoiro de henna, té, perfumes e música de Marrocos

Lugo / La Voz

LUGO

Actividade no Museo de San Paio de Narla a partir das 17.00 horas

05 ago 2015 . Actualizado a las 13:24 h.

Dentro do proxecto Olladas, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, acollerá o mércores 5, entre as 17.00 e as 20.00 horas, o obradoiro "Man con man, ritual sobre a pel". Trátase dun obradoiro de henna na que os participantes poderán levar tatuados os propios deseños con henna natural importada de Marrocos. Tamén haberá té verde, perfumes e música marroquí. Amosaranse traballos da artista Mery Pais, e intervirán María Xosé Domínguez e Laura Pais. "É unha festa para celebrar a alegría do verán", destacan desde a Rede Museística Provincial de Lugo.