O delegado do Goberno en Galicia visitou a Comandancia da Garda Civil de Lugo

La Voz

LUGO

Mantivo unha reunión de traballo con mandos da Benemérita 

01 jun 2015 . Actualizado a las 20:10 h.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, realizou hoxe unha visita á Comandancia da Garda Civil de Lugo na que estivo acompañado polo subdelegado en Lugo, Ramón Carballo e o xeneral xefe da XV zona da Garda Civil, José María Feliz Cadenas. Durante a súa visita, mantivo unha reunión de traballo co xefe da Comandancia, o teniente coronel Miguel Ángel González Arias e outros mandos da Garda Civil para, logo, recorrer as dependencias do acuartelamento.A versión oficial da visita indica que Villanueva mostrou o seu interés polo estado das instalacións e polo traballo dos axentes na provincia.