«Non dou a LOMCE ou a LOE... Só me preocupa dar clase, porque os nenos son o importante do sistema educativo»

l.r. lugo / la voz< / span>

LUGO

28 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Os profesores están desconcertados, pero sobre todo cansos, das continuas reformas do sistema educativo. A reválida que onte comezaron en Galicia uns 22.000 alumnos de terceiro de Primaria, e que segundo o previsto o curso que vén se estenderá a sexto, é unha mostra máis diso. «Eu non dou a LOMCE ou a LOE... Só me preocupa dar clase, porque os nenos son o importante, os verdadeiros protagonistas do sistema educativo», afirmou onte á La Voz un profesor que optou por omitir a súa identidade. Sostén que políticos de todos os partidos deberían «sentarse» e consensuar plans e leis educativos «a longo prazo». Mentres, o delegado de CIG-Ensino Xosé Mariño afirmou que a Administración presionou a equipos directivos de centros escolares para que non difundisen o rexeitamento a unhas probas que ven discriminatorias. «Son un desprezo total ao traballo do profesor, e non reflicten realmente as capacidades dos alumnos. A LOMCE ten unha concepción empresarial do sistema educativo», denunciou.